Subvención da Xunta de Galicia para Comercios

Hola, despois de moito tempo esperando pola subvención por fin chegou. Publicouse onte día 20 de Xulio no seguinte DOG:

Subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista galego

E como pódedes ver, o día de comenzo para a presentación das solicitudes é o Xoves que ven, día 26 de Xulio de 2012 a partires das 10 da mañán.

Nesta ocasión somos entidade colaboradora para a tramitación das solicitudes e a oferta que temos para facer unha páxina web ou unha tenda online é a seguinte:

Para a páxina web comercial:

–  Hasta 7 seccións do tipo: Inicio, empresa, tenda, servizos, produtos, cursos, blog, Localización, Contacto.

– Realización das fotografías necesarias para a realización da páxina web.

– Formación para a actualización das seccións

– E tódolos requisitos establecidos pola subvención.

O coste final IVA engadido sería de 480 € e ademais durante os 3 primeiros anos non teriades que pagar nada mais.

 

Para a Tenda Online para vender por internet:

–  Instalación e programación da Tenda Online.

–  Personalización da tenda online co logo da empresa.

– Complemento de noticias.

– Instalación da plataforma de pago con tarxeta de crédito (se se solicita).

– Os textos de: Envíos, métodos de pago, datos de contacto da empresa e aviso legal.

– Formación para a utilización da tienda.

– E tódolos requisitos establecidos pola subvención.

O coste final IVA engadido sería de 480 € e ademais durante os 3 primeiros anos non teriades que pagar nada mais.

Se necesitades algunha información adicional ou tendes algunha pregunta non dudedes en chamarnos para consultarnola sen compromiso ningún. Dende a sección de contacto podedes ver todalas formas que tendes para contactar connosco.

Se estades interesados en solicitala tendes que conseguir esta documentación e entregarnola o antes posible:

  • NIF da entidade ou da persoa física (no caso dos autónomos ou sociedades unipersoais).
  • No caso das empresas deberá presentarse escritura de apoderamento do representante legal ou administrador da mesma (Só o representante ou apoderado designado na correspondente escritura notarial pode realizar a solicitude de subvención).
  • Para verificar os datos relativos ao IAE, Certificado da Axencia Tributaria no que se recolla a situación censual da entidade ou persoa solicitante (NON PODE TER MAIS DE 6 MESES)
  • TC2 ou certificado da Seguridade social de inexistencia de traballadores
  • Documentación acreditativa do nº asignado na solicitude de inscrición no Rexistro de Comercio da Xunta de Galicia OU documentación xustificativa de ter presentada a solicitude.

O tema da inscripción no Rexistro de Comercio é o mais lioso xa que hai que cubrir un formulario e levalo as oficinas da Conselleria de Industria o departamento de Comercio. Tendes toda a información no seguinte enlace:

Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio

Para facer a solicitude podedes cubrir o formulario para despois imprimilo e levalo dende o seguinte enlace (tamen podedes solicitalo via web desde a sede electronica se tendes un certificado de firma dixital e se vos funciona a paxina de acceso):

IN227A Comunicación de datos para a inscripción na sección primeira de establecementos comerciais permanentes.

Para poder facer a solicitude teño que ter toda a documentación o antes posible xa que os fondos destinados para esta subvención son moi escasos para toda Galicia e enton hai que procurar presentala solicitude o antes posible.

Animadevos xa que e unha moi boa oportunidade que non se vai a repetir en moito tempo.

Aqui tendes toda a información sobre a subvención:

Orde do 11 de agosto de 2011 pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego

 

«Subvención da Consellería de Economía e Industria e Unión Europea-Feder»

 

 

Nuestra página web utiliza cookies para ofrecerte un mejor servicio. Al continuar navegando, consideramos que aceptas su uso y nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies